sexta-feira, 25 de janeiro de 2013

Literatura






Fina Casalderrey vén de ser elixida académica. A Real Academia Galega tén, con ela, cinco mulleres dentro do importante círculo de ilustres representantes da nosa cultura. Hai voces que veñen reclamando un aumento do número de mulleres, que cren desproporcionado, se se considera a valía real dos aspirantes. Pode ser que haxa androxinia, ou mesmo pode haber un certo temor a que o machismo se manifeste tamén na elección de membros da Academia. Como eu disto non sei, non podo opinar, por máis ganas que teña, e a pesar que de cando en vez siga atento ao que se escribe por un ou outro lugar.

A escritora que hoxe nos ocupa dedicou o seu tempo e obra, maioritariamente, ao público infantil e xuvenil. A literatura infantil da que falaba Galeano.  Claro que esta  ha ser tamén da boa, da non terrorista. De todas maneiras, e como viña ao conto, lembrei algo sobre os beneficiosos efectos da literatura (sen cualificativos) no cerebro. En realidade, das consecuencias de ocuparnos coa lectura  de  Proust ou a Skakeaspeare; pero eses eran escritores unicamente, non os recordamos por seren homes ou mulleres.

P.D. Non sei se merecerá a pena incluír no debate (?) un artigo de Pedro Feijoo ao que lle botei o ollo  a canda os citados anteriormente. Despois de ter lido o seu libro "Os fillos do mar", a razón non son capaz de darlla, e síntoo, pero non moito, máis ben nada.  Por curiosiade,  e tendo en conta que chove moito estes días e case non apetece andar por fóra, aquí vai.








Por te cegares coa luz,
por humilde nas colores,
por non parar de voar
por non conseguir amores.

Por seres avelaíña
e non presumir de nada
por seres filla da eiruga
e non andar enfadada.

Serás nai de bolboretas
das máis fermosas colores,
adornos de mil xardíns
regalía para as flores.





























.


Sem comentários:

Enviar um comentário