E
ten razón. Sempre soubemos do seny dos cataláns e Durán i Lleida
vén a demostrárnolo. Unha frase complexa, contundente, concisa e
concluínte. Con cordura, vaia.
Claro
coma a auga. Non hai que ter nin dous dedos de fronte (unicamente
para a palabra final, pero pouca cousa). Durán fala del e dos
que son coma el, por iso custa entendelo, non poñemos empatía e así
non imos a ningures.
Imos por partes, pois. El tén un piso e unha
casa, vive nun hotel e claro, se alguén traballa na casa non vai ser
el. El non traballa, ten cartos e clase. O que traballa deixa a billa
aberta, non é coidadoso, por iso non ten piso e casa e non vive nun
hotel, e ten que traballar, claro. Durán cando precisa a auga
déixanlla posta, co baño preparado e a toalla á man (o servizo
do hotel, que xa sabemos como é). El
non fai iso voluntariamente, claro que non, en realidade nin
involuntariamente: el non fai nada; case podiamos asegurar que se se fixo algo, non foi
alí, nin foi con el. Así que non hai responsabilidade, en todo caso será algo a
amañar co subsidio, que é como por aquí lle chamamos ás pensións.
Polo tanto que paguen outros, os pensionistas, por exemplo.
Agardar a noticia
anticipada
co ánimo perdido
sen querelo,
finxir sorriso non
sentido
e ter mente e razón
nunca en alerta.
A que a hipocrisía
de mentiras
en todo canto nos
mandan pagar?
Nacemos tan pegados
aos enganos,
ás gañas de crer
no que non hai.
E se pecha aquí o
muro e non se abre?
E se deixa de falar
e de finxir?
Facerse natural e ser primario
collendo a calidade do animal.
Sem comentários:
Enviar um comentário