domingo, 6 de janeiro de 2013

Reis




Noite de reis e non parece que o sono vaia estar impedido pola ansiedade da chegada dos regalos. Hai anos eran horas estas de deixar todo disposto coa comida (unhas galletas) e a bebida (tres copiñas de viño doce, preferiblemente viño do Porto, de habelo) e un caldeiro con auga para os camelos. Nunca vimos a necesidade de deixar tamén comida para os cuadrúpedos, e menos mal, non quero imaxinar o que tería sido levar herba ao piso!

O de agora é un aburrimento. Non hai reis. Por unha causa ou outra, a maioría dos regalos xa os damos e os recibimos o vinte e cinco. Non porque creamos en Papá Noel, que non, nin no Apalpador, que podiamos crer un pouco por ver se alguén nos apalpaba a barriguiña, que boa falta fai nestes tempos tan fríos. Pero os regalos chegan xa coma aquilo que se espera e non sorprende. E chega cada un! Escribía, por estas datas tempo atrás, sobre a existencia dos pongos. E non é iso. Lémbrome agora das veces que terei oído aos máis vellos da casa aquilo de  hai gustos que merecen paus, e eu non entendía a que viña esa expresión. Agora enténdoo, e non porque me teño volto un partidario da violencia.



PD. Crer xa dixen que non cría, pero por se acaso eu hoxe vou deixar un zapato na ventá (vello, claro, non vaia ser que chova).





















Dáme alegría,
dáme o teu riso de compañía.

Co teu sorriso
sinto que teño canto preciso.





















.


Sem comentários:

Enviar um comentário