terça-feira, 8 de janeiro de 2013

Promesas





Empezamos un tempo sen que acabe o anterior. Cambian os anos, mais é difícil que muden os actos. Nós facémolos á nosa medida para que nada altere os acontecementos aos que estamos afeitos. Por moito que disimulemos dicindo procurar unha futura mellora, a acomodación de sabernos nós mesmos tal e como somos non vai motivarnos para efectuar esforzos nos que ninguén cre e que non nos han render nada positivo na nosa vida diaria.

Enfrontarse así a un mes de xaneiro sen a necesidade desas promesas de novo ano da cultura anglosaxona, tén como mínimo o mérito que dá ser quen de recoñecerse na historia e de seguir a beber nas fontes dun pasado que se constrúe a sabendas de que non existe máis futuro que o instante do presente.













Escapo das historias que non creo
Facéndome ás rutinas no real
Convido a visitarme ao anodino
Tratando de sentir o natural
E sei mentir calando as soedades
Ladroas compañeiras no soñar
E sei sufrir quizais cando me esquezo
De como e canto te teño que amar
Así nacen as tardes que te busco
Na crenza de que aquí vaias chegar
Paciente sempre calmo no desexo
Gozando só, tan só, de imaxinar.


















.



Sem comentários:

Enviar um comentário