Levamos unha semana sen chuvia e a nosa terra volve ter
camiños fermosos. Ata algúns carreiros están xusto nese punto de
pouco pisados que lles deixa manter unha mínina alfombra verde, como se nos convidasen a camiñar sen coidado, gozando coa sensación de andar por
esas rutas de aventureiros que descobren os mundos descoñecidos
agochados ao pé mesmo das súas casas.
Empeza a
primavera
ven o sol
frío,
os aires
fanse claros
nacen os
brillos.
Os
brillos dos paxaros
voltos en
chíos
con
bailes e cortexos,
con
rechouchíos!
Adeus
penas xeadas!
Múdese o
branco,
nos
campos e nos montes
veñan os
cantos!
.
Sem comentários:
Enviar um comentário