Poucas noticias son capaces de sorprenderme. Moi poucas. Creo que os
anos vannos dando a todos unha cura de escepticismo que nos fai
inmunes ao que en principio non podería cabernos na cabeza. Así e
todo algunha nova, de cando en vez, semella querer despertarme. Ata
pode ser que mesmo me sacuda con forza e me faga abrir de todo os ollos. A última, e xa van días dela, medio millón de rapaces novos que hoxe están a encher as listas do
paro, non remataron os seus estudos de ESO. Non remataron os estudos obrigatorios do noso sistema educativo. Non posúen, así, o mínimo título académico.
Fracaso escolar e éxito político-financeiro-laboral. É dicir, éxito
escolar ao fin. Educamos en función do que programa o estado,
tentando satisfacer as demandas das nosas clase dirixentes. Así é. O capitalismo salvaxe que controla e ditamina o rumbo das nosas
actividades (de toda a nosa vida) precisa unha man de obra barata,
sen coñecemento, abocada á precariedade e facilmente suxestionable
para converterse no que en realidade queren que sexa: só man de obra. Coñecemento pouco, para asegurarse votos que non han discernir a verdade do que en eleccións se promete.
Se algunha vez se quixese formar persoas, pouco teriamos que salvar da educación actual. Nin unha
soa das autoridades ou das leis educativas vixentes na actualidade no país merecería seguir activa.
E os ensinantes, que? Iso.
Somos do que hai.
- Tanto que chove,
- todo se molla, nada se move.
Sem comentários:
Enviar um comentário