Curioso.
Non percibo remate cada vez que acaba unha estación, nin tampouco
cando se esgota un mes para deixarlle paso ao seguinte. Porén, si
teño claro que hai un inicio e que as horas que veñen deben ser
diferentes, mellores sempre, mesmo cun punto de optimismo que lles
alcanzo a ver en metas situadas neses períodos. Agora comezamos un
abril meténdonos de cheo na primavera. Agardemos que algúns dos gromos
da natureza sexan saídas para nós, por se podemos medrar con elas.
Abril, nome de nena
e de esperanza,
abril collendo praza
de estación,
do soño feito amor
e sentimento
na flor que se
volveu revolución.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário