quarta-feira, 1 de janeiro de 2014

B




B de Boh
 ou B de Benvida?

Comeza o dous mil catorce e eu ando coma sempre coa dúbida enriba. Non teño nada claro que as diferencias co de onte mesmo sexan para que poidamos pensar en botar foguetes, pero por se acaso, mellor comecemos co B de benvida. Un pouco pola teima esa de que se bo non é, malo non tén por que resultar. Ademais, no caso de non cumpra coas nosas expectativas, sempre nos ha quedar a posibilidade da queixa *, que algo é.

Miro pola ventá e chove, coma onte. Leo e, en Cedeira, os ventos superaron xa os cento vinte quilómetros hora. É posible que entre o vento e a chuvia acaben por limpar tanta morralla como hai. Así que me animo e decántome por un viva o 2014!, que boa falta nos facía.



* E ademais hai eleccións, así que... 





BENVIDA

Benvida para o ano que se achega
traendo ilusión tan necesaria,
benvida solidaria e máis galega
á etapa que comeza a ser diaria.


Indecentes, malfadados, ruinosos
remátense así os días detestables
sen traballo, con pobreza, desde os pozos
do atraso que trouxeron, miserables!


Veña un ano sen igrexas e sen curia,
sen monarcas, sen corruptos avarentos,
sen salarios de banqueiros; sen anguria.


Teñamos, pois, felices pensamentos
que alonxen para fóra toda furia
por darlles a benvida a outros alentos.







.






3 comentários:

  1. Xenial ! Espléndido soneto para encomenzar o 2014 !. ( Poesía chea de carraxe..sí, pero tamén con un chisco de esperanza...)
    Unha xoia, a primeira entrada do 2014 !.
    Parabéns

    ResponderEliminar
  2. Grazas! Empezar o ano deste xeito mesmo dá pé a pensar que pode rematar por facerse algo bo (falo do ano, eh!).
    Saúde para todos!

    ResponderEliminar
  3. Compromiso y esperanza. Una gran manera de comenzar el año.
    Desde el corazón ¡Feliz año nuevo!

    ResponderEliminar