D de dioivo.
Leva chovendo case desde que teño uso de razón. Tanto tempo que non
vexo máis que auga, mire para onde mire. Un día deses que escampou,
aí atrás, aproveitei para sementar os tirabeques e os chícharos, e
o rego que rodea a mesa onde están semella máis un cano de rega que
a marca de separación da terra traballada. Mesmo ese día aproveitei
para transplantar unha enredadeira para a zona do soportal, ao pé dun
dos piares, e véxoa mal. Púxena alí para que, orientada ao sur como está, lle dese ben o sol e sacase moitas flores. Sol, ningún, e o sitio, desde que o ocupa, non deixa de
ensinar auga por riba da terra desfeita, auga que se acumula sen darse filtrado ao caerlle directamente desde o tellado e en cantidades que sobrepasan,
parece, o máximo permitido. Non sería de estrañar que as raíces
da enredadeira podrecesen afogadas nesa poza diaria que alí se
forma.
Chove tanto que, agora, cando saio ao soportal fágoo con coidado de non pisar os animais que veñen a poñerse ao enxoito.
Onte, ata píntegas tiña recollidas ao pé das escaleiras, poñéndome o toque de cor tan necesario para estes grises diarios.
Chove tanto que, agora, cando saio ao soportal fágoo con coidado de non pisar os animais que veñen a poñerse ao enxoito.
Onte, ata píntegas tiña recollidas ao pé das escaleiras, poñéndome o toque de cor tan necesario para estes grises diarios.
E a min que me parecía fermoso ver chover, e oír petar a auga contra os cristais!
Nos soles do mañá
latexa a espera,
pacientes, como saben agardar.
Mollámonos,
inermes, descoidados,
que importa hoxe
esta chuvia...
Calados nos deixou o
temporal.
E non se ve un
abrigo,
e non se cre.
e non se cre.
Non hai unha razón
para escampar
e o dioivo segue
lento e inexorable.
Ai, sol, se ti nos deixas de abrigar!
.
Sem comentários:
Enviar um comentário