Teño moito medo de tanto zombi.
Andamos metidos de cabeza nun período
claramente involutivo. Por un e outro lado vense signos de que nos obrigan a esculcar no pasado para volver a el coma se fose
imprescindible escaparlle a estes tempos aciagos. Será pola miseria
material (moita) e cultural (abonda) que nos invade, ou non, pero dáme que si, polo que algúns
queren que pensemos que o pasado foi mellor. As relacións laborais,
a acumulación de capital, a intervención da relixión na vida
diaria, a sanidade, a educación, os non nacidos... Todo nos leva a un século vinte
que non alcanzamos a botar fóra.
As últimas, polo de agora, pois temo que non vaian ser
derradeiras, témolas no eido da poesía: aparecen inéditos de Rosalía (aínda que non o sexan tanto), publican versos descoñecidos de Manuel María (por máis que algúns os coñezan e xa estean
publicados) e cóntannos segredos de Celso Emilio Ferreiro (sen que
esteamos certamente interesados en coñecelos). E todo isto en
Galicia. Con razón xa nos avanzaba Risco (outro morto) que Galicia é
un mundo.
E agora, quen se atreve a ocuparse dos vivos? Pero non sei por que me alarmo tanto: estamos no
tempo dos zombis, e posiblemente esta non deixe de ser unha mala
película máis.
PD. Tranquiliza tamén saber que Monseñor Rouco, galego previsor como é, xa preparou cursos acelerados para fornecernos de solucionadores de posibles problemas.
.
PD. Tranquiliza tamén saber que Monseñor Rouco, galego previsor como é, xa preparou cursos acelerados para fornecernos de solucionadores de posibles problemas.
Canto pesa e como fede ese
pasado
de levalo toda a vida
sobre dun.
Canto pesa
día a día
se escoitamos as obrigas
que lle impón
ao ser común.
Como fede no favor
do que se serven os seus.
Canto pesa na pobreza,
na miseria,
sempre triste e tan cotíá.
Como fede nos que mandan,
nos que obrigan polo lucro,
dando medo co peor.
Canto fede e como pesa,
dicía o morto Castelao.
.
"Nuestras palabras no pueden ser sin pecado un adorno" porque realmente "La poesía es un arma cargada de futuro".
ResponderEliminarFelicidades por escribir cosas tan bellas, sin olvidar un compromiso personal por mejorar el presente y el futuro.
Tienes toda mi admiración.
Póñeno moi doado. Mesmo hoxe sabemos que xa teñen o brazo dereito (lóxico, cal ían ter!) de santa Teresa, o que antes tiña o outro galego, e é o que "axuda nestes tempos recios" :
ResponderEliminarhttp://www.eldiario.es/lacrispacion/Fernandez-Diaz-Santa-Teresa-Espana_6_221237899.html