Emoción.
Onte
pola tarde, despois do cortado no casino, ao pé do xardín, cando
Pontedeume comezaba a despreguizarse da sesta fría do nadal e moi
poucos comercios estaban abertos, o paseo de compras de reis levoume
cara a librería Cunqueiro. A metade dun antigo e fermoso café é
agora unha das dúas librerías da vila; a máis céntrica e, hoxe, a máis antiga tamén. Unha vila cunha longa tradición de
libros e libreiros vive sumida en tempos de crise e limita o espazo
dedicado ás letras.
Se o
panorama comercial non é o soñado, no literario si parece haber
esperanza. Alí, no escaparate de Cunqueiro, estaba o último premio
Merlín de literatura infantil, e na porta de cristal, o cartel
anunciador do libro da miña amiga Olga Rico, eumesa de nacemento e
corazón. Cuando el pasado despierta descansaba sobre
un dos andeis transparentes, con esas cores e letras que parecían
anunciarnos unha engaiolante historia de aventuras e desencontros.
Elvira, a protagonista da novela, por riba dos grises e negros da
portada, semellaba poder superar todas as dificultades persoais,
en espléndida metáfora da súa propia vida.
Sobra
dicir que o tempo, emocionado, detívoseme no mar de recordos que me
suscitou ver na librería, por vez primeira, o libro de Olga.
O papel chamouna mudo como era
sabéndose mal feito
na brancura
e véndose así
inútil de baleiro
sen trazo que lle
dese ocupación.
Deixóuselle nas mans
materia dúctil
xurdiron as palabras en por elas
collendo algúns
camiños venturosos
nas raias que
verquían en azul
contrastes luminosos
a outras tintas.
A conversa con
falas garimosas
tenruras que
deveñen do bo siso
vontades de
presenzas desexadas
na palabra esquecida das ausencias.
Desexos de
ventura inda maior!
.
No puede haber mejor reseña de mi libro; imposible plasmar la emoción que me producen tus palabras y se me empañan los ojos al leer tus versos, siempre hermosos, y que esta vez me hacen sentir la protagonista, la princesa del cuento.
ResponderEliminarMuchas gracias, Antón, por este momento de emocionada felicidad.