E de eu.
É. Así é, mal que me pese.
Por máis que pensemos en que consiste o da convivencia, asistimos perplexos a manifestacións relacionadas coa lei e coa xustiza, que a pesar de que semellen extremas, acaban sendo a mesma cousa. E non moi apetecible ningunha delas, a verdade.
Por máis que pensemos en que consiste o da convivencia, asistimos perplexos a manifestacións relacionadas coa lei e coa xustiza, que a pesar de que semellen extremas, acaban sendo a mesma cousa. E non moi apetecible ningunha delas, a verdade.
Antonte en Santiago:
O ex-xuíz Garzón tentaba dar unha conferencia na
Universidade. Foi imposibe que o fixese. Algunhas persoas, imaxino
que estudantes a maioría delas, rebentou a conferencia coa axuda dun
megáfono e de voces que, coreando consignas nas que o tachaban de
censor e torturador, recordando entre outras das súas actuacións a
Egunkaria e Otamendi, impediron que o auditorio oíse a vóz afónica do agora letrado. O resultado: non houbo charla. Razón: un pode
manifestar libremente a súa repulsa fronte a aquilo que considera
unha inxustiza.
Antonte en Madrid:
Os deputados rexeitaron unha proposta do PSOE coa que se
tentaba evitar a presentación da nova lei do aborto que preparou
Gallardón. Este, o ministro, aludiu ao soberanía popular como
garante do goberno e á delegación na súa persoa (no seu partido)
desa soberanía, en tanto representantes lexitimamente elixidos.
Resultado: vaise tramitar a modificación da lei do aborto, namentres os xa nacidos, todos menos os ricos, teñen cada día menos dereitos e posibilidades, en calquera dos campos vitais que se analicen.
Nos dous casos aludimos aos dereitos que unha sociedade
democrática nos garante. Mesmo había persoas que sinalaban que o de
Garzón non deixaría de ser un escrache coma os que xa se fixeran en
tempos pasados con outras persoas, e o do Congreso contaba cunha
ampla maioría, non só cos votos populares.
NOTA.- O mellor de todo é que, polo medio, en Santiago empézanse a dar os pasos para que titulacións universitarias sexan dadas pola primeira universidade privada galega, e sen un chío.
En Madrid, ao tempo, empezábase a psibilidade de que a familia Couso (quen se acorda del a estas alturas?) puidese obter xustiza. E
ninguén se escandalizou por iso.
E o que aínda nos queda, eh!
OUTRA NOTA. E, se todo ten que ver con todo, canto nos falta para que nas cuestións sociais tamén apliquemos o do diminishing baseline?
Eu min me comigo
Exceso de palabra
improdutiva
desbordando ese límite vital,
voraz consumidor
para o silencio
perdido na opinión
máis persoal.
Ha ser así a idade
esa que venza
na batalla en que
non pensei loitar?
.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário