Vivir na cidade ten moitas vantaxes. Son tantas que non é necesario que me estenda nelas.
Lembro unha vez que eu fun, hai tempo, e no acceso tiñan un atasco. Eu non me cabreei, non tiven apuro, nin pitei e por suposto que non mirei mal aos outros condutores. Eu saquei daquilo un instante de proveito. Un instante moi grande. Dediquei todo o tempo a buscarlle o lado positivo.
Porque o ten, non?
Busquei perdido o nome da cordura,
sentín queixoso o mal que nos apreta,
andei silente con pasos malfadados,
oín calado remorsos doutros tempos
véndome no espello dos teus ollos.
Vivín parado no desexo da paixón,
matei desperto os soños a coidar,
durmín ferido en dor de non saber,
levei cansado ardores por medrar
sentíndome no ton do teu alento.
Sabéndome frugal en canto entrego,
encóntrome lonxano nas conversas
e vólvome maior con moito menos
e ensínome incompleto como norma:
nótome nas marcas da túa pel.
Por que non acougamos no pracer?,
por que non damos xuntos vez ao gozo?
Derrotados, vencidos pouco a pouco,
confundidos, quizais, nunha victoria
mal gañada e mal perdida por amor.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário