Un amigo meu, ao que me quero parecer cando sexa maior, vive nunha certa harmonía coa natureza. É así que sempre hai animais por onde anda, e historias que contar a quen o escoite. A última que viviu vai sobre unha ovella á que lle custaba moito parir e, cando xa daban por perdidas ovella e cría, pariu un añiño precioso. Só un, pero grande. A madre, o primeiro que fixo, foi botar a correr e deixar ao fillo plantado. Nada de amor materno-filial, nada. Nin unha mísera lambetada de recoñecemento. Cando, despois de limpar un pouquiño á cría, tentaron levarlla á nai de novo, para que lle baixase o leite, fracaso total, á ovelliña nin vela. Non a recoñecía como súa.
El dálle agora o biberón, unhas tres veces ao día, e o año confúndeo coa súa mai. Abandoa o rabaño (son varias as ovellas con crías que tén), e ségueo a onde vaia. Cando están na corte, ela sae, soa, para a última toma.
-Pero ti chámala...- díxenlle.
-Si, claro.
-Puxécheslle nome?
-Non, nome non. Dígolle meeeee, meeee. Pero suave, eh!
-Pero ti chámala...- díxenlle.
-Si, claro.
-Puxécheslle nome?
-Non, nome non. Dígolle meeeee, meeee. Pero suave, eh!
E moito nos rimos todos cando o contaba!
Resúltame difícil de aceptar que esto tamén sexa o idiotismo da vida rural.
Non hai pega sen mancha negra.
Refrán popular.
Refrán popular.
Cando andaba pola horta
estiven mirando as pegas,
parecían, polas manchas,
pouco brancas, máis ben negras.
Son paxaros moi curiosos
con tamaños aceptables,
arrogantes, vocingleiros,
de maneiras pouco amables.
Abúrreas tanto voar
que paran de vez en cando
nunha árbore, nun muro
ou no chan, se van andando.
Onde están fanse notar
disfrutando dos ruídos
e das voces rebuldeiras.
Son paxaros destemidos.
Sempre por cerca dos homes
as casas han visitar
indo en grupo, nunca soas
porque lles gusta falar.
Se lles falas ti tamén
contigo poden estar
libremente, como amigas,
que así te van aprezar.
De faltárenche ouro e brillos
dillo ás pegas rebuldás,
ao mellor están nos niños
que che teñen nas ventás.
Marchou voando á dereita
a última pega que vin,
deixando un sitio na esquerda
que me quedou para min.
Cando vexas pasar unha
míraa ben, que non che importe,
as pegas só son paxaros,
non son boa ou mala sorte.
Sem comentários:
Enviar um comentário