segunda-feira, 7 de fevereiro de 2011

Estulticia




Así é, se así parece.
Pirandello, o da frase do título, segue a estar de moda, e máis nunha época convulsa coma esta.
Como nos entenden os demais? Se por azar (eso que non existe), deixamos de parecer sinxelos para amosarnos simples como somos, acabará repercutindo na nosa conduta cara ao exterior? É posible que a idiocia propia nos faga ver o que non é?
Debemos ter coidado. Andar a modo. Escoitar.
En ocasións a razón pode estar nesa multitude que opina doutro xeito, e non en nós. Por únicos e excelsos que sexamos.
Por moi branco que sexa un corazón, nel caben os sete pecados capitais. E mánchano.



Hai días que desmaio con dolor,
son tempos no que sinto ser un outro
agochado nun alento habitual
e preto do máis pecho dos silencios.

Ollos que protestan por abrirse
a unha luz sen colores que me quenten
e me abriguen neste frío que me acolle
sabedor que nel non tardo en esluírme.

Desexo por momentos ser etéreo,
non estar, alonxarme do real,
mais intento non vivir na deixadez
esforzado por sentir e por soñar.





Sem comentários:

Enviar um comentário