Cando un viaxa, sempre anda a voltas con non perder a equipaxe, e con levar de man todo aquilo que se considera imprescindible. Incluso hainos que mercan bolsas coas medidas máximas autorizadas polas liñas aéreas para pousar un directamente no altiño. Ou que pagan sobretaxas para non ter escalas na que poida haber extravíos. E a min cústame entendelos. Non me parece que se orixinen traxedias con estas cousas. Todo o que nos caiba na maleta hase poder mercar. Con levar cartos abondo...
Non obstante, entendo perfectamente un medo recurrente que me contou un usuario de autobuses de liña. El viaxa con equipaxe que debe deixar no maleteiro do bus. Ao chegar á parada de destino, antes do final de ruta, e cada vez que debe coller os seus vultos, avisa ao condutor para que non saia antes de tempo. Nunca se esquece.
Díxome que ten soñado que o portón do maleteiro se pecha, empurrándoo polas costas, sen darlle opcións a saír.
por que non me avisou ninguén dos prezos,
das escalas que estes números sinalan,
dos valores taxados para nós?
cantas cousas non se venden?
cantas cousas non se venden?
canto custa a ilusión?
eu non lembro sentimentos gratuitos.
onde vaias ou esteas,
por vivir ti has pagar,
son os prezos autoimpostos
a todo alento vital.
cando pago esta emoción?
cando pago esta emoción?
.
Pois ten sentido iso que contas do autobús. Nunca me parara a reflexionar, pero iso de que se peche o meleteiro contigo dentro pode ser unha experiencia moi desagradable.
ResponderEliminarA partir de agora hei andar con ollo cando vaia en bus, si.