Cousas que me contou un avó
Meu irmán chegou unha noite, a eso das dúas da mañá, despertoume e díxome:
-Voume casar!
-Con quen?
A resposta miña foi inmediata. Daquela era de bos rapaces andar con dúas mozas a un tempo. Por se acaso. E elas sabíano.
E a nós aínda agora nos custa entender a poligamia.
.
Hai grandes corazóns, grandes amantes
de modos a querer,
de corpos con mil xeitos de sentir.
De seren necesarios, tan completos
han levar ese amor ata o máis alto,
sen medos a perder,
sabendo canto premio dá vivir
poñendo amor ao frente cara aos retos,
perdendo ben o medo ao sobresalto.
Persoas en quen crer,
son homes e mulleres importantes
o número esquecendo,
tamén a formación
se cada corazón é un querendo,
se cada un dos que quere é corazón.
Sem comentários:
Enviar um comentário