segunda-feira, 26 de setembro de 2011

100% Galega






Ateos. Penso que a maior parte das persoas que nos gobernan son ateos. 
Hai ben tempo xa, teño oído repetir que algunhas cousas non teñen perdón de deus. E eu críao. Hoxe mesmo segue a haber cousas que tampouco deberían ser perdoadas.
Veño de ver con máis detalle unha campaña da que me tiñan falado, GALEGA 100 x 100, e aínda non o creo. Paga a Xunta (é dicir pagamos nós), a xente que despreza a nosa lingua, a nosa cultura, para que fagan unha campaña de promoción do leite  baixo o anterior cualificativo: LEITE  GALEGA 100 x 100. 
Este escarnio sobre a nosa lingua só pode entenderse baixo un goberno de persoas que necesiten preguntar por que ás vacas os gandeiros acaban poñéndolles nomes femininos. Por eles seguro  que  podían poñerlles calquera cousa, incluso sen xénero. E así nos vai. E eles sálvanse, porque os deuses deben andar ocupados en males maiores por outros lados do mundo, porque ter, de verdade que non teñen perdón de deus.












Encontros no camiño do casual
Cambiando os supostos existentes
Pantasmas que non vemos diferentes
Sacadas do contexto orixinal.

Incrible todo aquilo que se ve
Temible no destino que se agarda
Se chega a sinrazón, e así non tarda,
Perdida como está xa toda fe.

O mito coñecido volve ser
Engado con poder de transtornar
Distinto de querernos convencer
Deses  medos polos odios a pagar
Arrastrados Caín a perecer
Nos pecados e angurias a evitar.






















Sem comentários:

Enviar um comentário