sexta-feira, 16 de setembro de 2011

Dezaseis


Esa querencia miña polo catro vén sendo algo case familiar. Catro veces, e rímonos. Catro veces catro, e alegrámonos. É cousa de nenos, seguro, porque rimos coma nenos disfrutando cos números, coas combinacións que nos dan, coas imaxes que nos presentan e coas emocións que nos suscitan.

Canto me gusta o dezaseis! Será porque ao fin son galego, e o dezaseis anda polo medio do mes, nin de primeiro nin de último, e pásalle o mesmo que ao home da escada? Será, pois, polo que ocorre nas escadas?





Hedra volvereime o día
En que me vexa ao teu lado
Hedra forte, decidida
A entregarme nun abrazo.








Eu quixen volverme hedra
pensando en que daba amor;
quixen e sigo querendo,
hedra e home, e é mellor.



Abonda co sentimento
no que se dá canto un tén,
entregando o corazón
é como se quere ben.



Ti ben sabes que te quero
de tanto que o repetín.
Non é mérito quererte,
o beneficio é pra min.









.




Sem comentários:

Enviar um comentário