quinta-feira, 1 de setembro de 2011

Momentos

Co paso dos anos funlle collendo gusto a eso de tomar un viño. Decanteime case totalmente polos tintos e, concretamente, polos da rioxa en xeral, máis que nada por unha relación calidade e prezo que, na miña opinión, noutros lugares require dunha sapiencia maior cá miña para atopala. Prefiro copas algo grandes e de cristal fino, porque o viño semella saberme mellor. Nas copas máis grosas é coma se o líquido se fixese máis quente, e collese un certo amargor que non me vai tanto.
Cando máis me gusta tomar un viño ven sendo antes de comer, e sempre en compañía, cun algo que levar á boca. E aí si que o disfruto.
Probablemente non sexa en si o rioxa o que me gusta, senón tódalas cousas que lle poño ao redor para facer del algo especial. Por se é esto, a partir de agora voulle dedicar tamén o padal aos mencías da nosa terra.







Setembro, mes das músicas no aire,
tocadas como notas de final
en festa de ledicia duradeira
reducida a recordos de verán.





.

Sem comentários:

Enviar um comentário