sábado, 3 de setembro de 2011

Plantas



Cortei o acivro da entrada. Xa tiña un toro respectable e pesaba ben. 
Chama a atención a súa ausencia cando se ve o espazo baleiro. É como se todo se movese de sitio, e as outras ábores, estrañadas, andasen a mirar preocupadas pola ausencia. E iso que só son plantas. 











A cerdeira chora triste nas súas follas,

nesas bágoas que se humillan
cara abaixo, todas xuntas,
a caer na mesma cor.
Xa non verdes nin ousadas,
sen interese nos cumes.
Tan pacientes neste tempo de parar,
observándose no chan,
mais sen caer.
O cadro está baleiro sen o aire,
non se moven aquí as plumas
nesas aves voadoras que viñeron,
nin se ulen os aromas evadidos.
A cerdeira feita árbore,
neste tempo, nesta vida.









.

Sem comentários:

Enviar um comentário