Agardamos que os nosos desexos se cumpran e dámoslles todo o tempo que poidan precisar sen que o desánimo nos venza. Confiamos, crédulos como somos, neso que nos inculcaron de pequenos, en crer na bondade da especie humana, por máis que de cando en vez vaia na dirección errada. Cando o soño se cumpre, e despois de tanto desexalo, un xa non sabe ben se celebralo cun suspiro de alivio ou cun ledo sorriso. Dun xeito ou doutro, felicidade é.
Aquelo co que soñamos
fáisenos inalcanzable
e así nos obsesionamos.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário