Remata a semana e parece que
nos meteron de cabeza no inverno. Alerta laranxa, dicía o periódico,
na nosa zona. Vento, chuvia, frío que un non necesitaba aínda, todo
xunto nun día para gozar das inclemencias meteorolóxicas, por se se
botaban en falla.
É ben certo que tódalas
estacións son fermosas, traéndonos nos seus cambios sensacións e emocións doutro
xeito inaccesibles para nós. Parte da universalidade da nosa terra
reside nos nosos cambios estacionais. Claramente.
Avivecen
as fontes deste outono
con
plantas a olleceren coma pan
de
forno acabando de cocer
pervivencias
de lumes incendiarios.
Renacen
intereses repisados
cal
muros que conquistan máis firmeza
no
abrigo agarimoso contra o vento
xerándolle
socairos aos camiños.
Percíbese
fecundo o que ha de vir
no
galano innegable do desexo
acomodando
tempo e estación.
Goberna
decidido o corazón
arrombando
de novo o latexar
coas
forzas que promoven as paixóns.
.
Aquí, no norte, hai dúas semanas que nos colexios xa é obligatorio levar gorro. Aínda é cedo e non vai moito frío, pero resulta que así evitan situacións nas que os máis delicados enferman intentando ser tan "atrevidos" (por dicilo así) como os que aínda levasen a cabeza descuberta. Parece unha precaución interesante, por si non chega co sentido común :)
ResponderEliminarO que dis vén a demostrar que os nórdicos son países evolucionados. Saben que a cabeza é o mellor que posúen e non lles queda máis remedio que protexela. Supoño que as cabezas importadas tamén andarán protexidas, e se non andan que se protexan, din ao meu lado.
ResponderEliminarQuedade tranquilos por aí, que co que lles gusta a algunhas cabezas importadas presumir de gorro, non han pasar problema ningún :)
ResponderEliminar