domingo, 16 de outubro de 2011

Raro


Por veces non comprendo ás persoas. Non son quen de entender condutas que sinto impropias, ou decisións que eu non tomaría.

Non imaxino nada, non quero pensar como me verán os demais a min. Abonda con medio pensar como me vexo eu de raro.

É unha sorte non ter que depender da opinión allea, así polo menos somos enteiramente culpables dos nosos desvaríos.





Somos tempo a volver en seu acordo,
pasados de venturas rematadas,
memorias dos instantes fuxidíos,
augures ocupados do porvir.

Somos, desde o tempo, nas paisaxes
campos cheos de flores en verán,
cinguidos polas cores dos outonos
ou silentes baixo os fríos invernais.

Somos marcas, sendo tempo, esas luces
rechamantes nos brillos iniciais
definidas en mil cores emotivas
prateadas pola lúa nas olladas.

Somos, nalgún tempo, fértil terra
en pel suave aberta ás humidades,
nas enrugas tatuadas con esmero,
con raíces a agarrar no corazón.

Somos, mesmo en nós, tódolos tempos,
a terra, a luz, o aire, a auga e o lume,
en tempo de vivir que nos resume.






.


Sem comentários:

Enviar um comentário