Plantei unha ducia
de repolos de Betanzos e un morteiro de chícharos aló cando decembro comezaba. Agardo poder cear
con chícharos, patacas novas, repolo de Betanzos e máis cebolas
dentro duns meses. Para acompañar, tomaremos unha copa de mencía da cidade dos cabaleiros, que custa pouco, sabe ben e non ten
moitos graos.
O dos repolos betanceiros é un
rito, aquí son os repolos con maiúscula, non valen doutros e, a
poder ser, incluso lles temos que gardar a semente, para ter garantido o
produto do ano vindeiro.
Pola súa banda, os
chícharos desa minguante, afeitos como tiveron que estar ao frío, vólvense
resistentes ao verme e poderán disfrutarse durante máis tempo.
Outra vantaxe da
plantación nesas datas resulta ser a cantidade de enerxía humana
que remata por transformarse en calor, polo que a súa incidencia
pode chegar a verse nunha necesidade menor no consumo de calefacción
subseguinte; noutras palabras, que despois de darlle ao sacho, un
remata suando.
Desculpas
repartidas
no tempo novo,
esquecen o
pasado,
perdoan todo.
Desculpas
compañeiras,
inseparables,
preto de ti e
de min
inevitables.
Desculpas
recibidas
sen alegría,
recompensas de
axudas,
día tras día.
Desculpas
inventadas
con harmonías,
levan lonxe
lamentos,
melancolías.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário