domingo, 1 de janeiro de 2012

Comezos




Presinto que o vindeiro ano traerá grandes descubrimentos para a humanidade. Xa empezaron en Escocia, atopando un peixe que anda por alí sen cerebro; en realidade nada preto das costas escocesas, o de andar é un dicir. Non o precisa, o cerebro, e foi quen de sobrevivir ata hoxe en día desde hai unha chea de anos.
Quizais a nós tampouco nos sexa moi útil o cerebro, así, se volven as lobotomías, perderemos peso, esqueceremos dores, e poderemos vivir sen pensar, o que indefectiblemente redundará en ben menos disgustos, ou sexa nunha maior felicidade.


Outra alternativa é seguir os descerebrados consellos de LVG, tal e como nos convidaba onte a súa portada dixital. Se coa que nos está a caer, nun periódico que se tén por serio nos poñen estas cousas sen que sexa o 28 de decembro, a conclusión é obvia: tómannos por  ...................  (cada un que poña o que queira).

Eso si, que os que nos gobernen sigan tendo cabeza, e sigan facéndoo ben.









Xaneiro, empezo novo coñecido 
máis preto do pasado ben presente; 
cambiar para mellor, común intento, 
procura doutra vida diferente.









.

Sem comentários:

Enviar um comentário