Cada cousa ten a súa beleza, pero non todos poden vela,
parece que dicía Confucio. Créoo. Todos os días tamén, e algúns,
coma este, posúen unha beleza especial que os leva a ser únicos e
excepcionais.
A vida ofrécenos tantas cousas diferentes que xa non
sabemos moi ben por onde aproveitalas; carecemos de tempo. Por
exceso, pero acabamos tendo présa, de xeito que o gozo acaba por
facérsenos reducido. E a beleza, de tela ao lado, invisible, tanto que case xa nin
miramos.
Se
houbese aló unha illa, na ardentía,
perdida
polos mares máis lonxanos...
Se
houbese aquí outras vidas, meu piar,
carentes
do sustento que ti fas....
Se
houbese aló un destino, nesa ardora,
gardado
coma en caixa de cristal...
Se
houbese aquí un desterro, miña vida,
sentindo
para sempre o abandono...
Se
houbese aló unha luz serías faro,
a
guía na ilusión de navegar,
o
norte que se busca en cada rumbo,
a
cara que se quere ao despertar...
.
Sem comentários:
Enviar um comentário