quinta-feira, 5 de janeiro de 2012

Lotaría




Todo son colores, formas, novidades e cambios ao meu redor. Son tantas as cousas que vexo, as emocións que xeneran imaxes e sons! E, por máis que o intento, non son quen de apropiarme, de apoderarme en exclusiva de nada disto. De nada. E a vida segue.









Mirar diante a imaxe que soñamos,
buscar tactos que eleven os sentidos,
curar dores que aterran aos feridos,
tapar con calor fríos que nós damos.

Oír moi dentro os ecos resoantes
de anceios compartidos cos demais,
proxectos, ilusións, soños vitais
e únicos, por comúns e apaixoantes.

Posuidores cabais dese billete,
na rifa á que o destino nos somete
(unha vez aceptada a lotaría
entregada ao nacermos cada día),
decidimos un valor dos que promete
e escollemos, na vida, a nosa vía.












.

Sem comentários:

Enviar um comentário