A este paso, de non acabaren con nós, acábannos coas esperanzas.
En ocasións nótome ensimismado vendo anuncios de
televisión. E véxome parvo, porque me decato de que lles fago máis
caso do que presto xeralmente a programas que orixinariamente desexo
ver. Creo que é porque as expectativas que teño cando me prometo
unha sesión de televisión prácida, case nunca se cumpren, e
rematan máis ben nunha pequena sesta a deshora. Ou cun pesadelo do que non dou despertado. Cos anuncios, en
cambio, non, eles acadan a atención que non lles quero dar, e sempre
atopo, por un lado ou por outro, algo que me atrae e ao que lle hei
dar unha chea de voltas despois.
Hoxe igual. Están a falar da condena a Garzón, da investigación ao xuíz do caso Urdangarín polas filtracións, da sentencia a Camps, da visita do Papa a Valencia, da conversa de De Guindos sobre unha reforma laboral extremadamente agresiva... e como me tardan cinco minutos seguidos de anuncios!!
Margaridiña
hei volverme
se
non me queres querer,
metereime
no teu pelo
e
así podereite ver.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário