En tódolos telediarios de hoxe e nos xornais máis
vendidos do estado avisáronnos de que a marmota americana (o animal)
anunciaba outras seis semanas de inverno. Íase volver botar a
dormir de novo, ao mellor para resgardarse destes fríos tremebundos
que nos fan sufrir os nosos verdadeiros dirixentes (os económicos).
Esto, para min, vén sendo un claro sinal dos cambios dos
nosos tempos. Cando mandaba a igrexa (pensaba que aínda o seguía
facendo, pero vexo que andaba errado), antes, pois, todos diciamos un
día coma hoxe que “cando chega a Candelaria, medio inverno está
por vir”, así, sen máis, e sabíase porque quen máis quen menos andaba coas
candeas da igrexa á casa. Agora, no mundo global, os americanos
impoñen a súa relixión (outro consumo) e as tradicións nosas
evolucionan, de maneira que preguntamos algo que xa sabemos. Mira que
como un día lles dea por falar de verdade (aos durmidos), e dicirnos o que nos agarda
no futuro!
Margaridiña
belida
o
que te pon colorada
é
sabéreste querida
ou
sentirte namorada?
.
Sem comentários:
Enviar um comentário