A lúa tén unha atracción innegable sobre min. Moitas
veces, sen decatarme case, atópome coa cabeza levantada mirando para
o ceo e observándoa cun medio sorriso. Encántanme esas noites
frías de lúa chea, enorme, prateada e lucente, véndose maxestuosa a gobernarnos desde lonxe, logrando que fagamos as pequenas
loucuras desexadas no máis profundo da nosa alma animal. Tamén me
resulta certamente atractiva cando anda pola fase do cuarto crecente.
É aí cando me parece encantadora, ensoñadora, a lúa precisa para
poder contar ilusionantes contos infantís coa persiana sen baixar e
permitindo que, algunha que outra vez, poidamos pegar o nariz ao
cristaĺ para observala a distancia e con detemento. A semana pasada
vin unha lúa preciosa. Esta non vai quedar atrás. Seguro.
Febreiro, desigual e
moi pequeno
neses días tamén
curtos coma el,
a luz escapa lonxe
das meniñas
fuxindo dos abrigos
sobre a pel.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário