Ando
a mirar as noticias no tempo de descanso deste entroido soleado e
chámame a atención o desperdicio de tempo adicado á sinxela e discreta voda
da familia riquísima. Canso na rutina de lerlle os titulares que me
sobran para acadar máis da información que quero ter. En realidade
xa me daba por satisifeito co que contaron no telediario do mediodía,
só co que vía, pois escoitar, non escoitei nada.
Gustáronme
máis as vodas do día da Candelaria, por seren tantas e tan
variadas. Sempre me fixo graza que os paxariños precisasen de
formalidades humanas para poder procrearen, e fosen quen de porse de
acordo para celebralas todas o mesmo día; así que a miña
disposición estivo sempre a favor de crer aos que me contaban as
historias das súas vodas, e mesmo das celebracións posteriores.
E
agora sei de certo que non, non hai vodas coma as do ceo!
Canta
o carrizo contento
porque
presente o verán,
lévalle
a canción o vento
traéndolle
o sol e o pan.
Sábese
comprometido,
por
ser paxaro cantor,
con
agradar aos amigos,
con
dar o trino mellor.
Humilde
como se ve
ha
gozar de mil maneiras,
ata
as espiñas lle gustan
cando
o gardan nas silveiras.
Ruidoso
no seu canto,
amigable
por veciño,
diminuto
por tamaño
compañeiro
no camiño.
O
carrizo é pitorrei
des
que á aguia gañou:
índolle
baixo das as
foi
quen máis alto voou.
Sempre
máis dun niño feito
para
estar ben abrigado,
por
iso lles pon de porta
o
que parece un furado.
En
cada niño un amor
e
a todos lles dá coidado,
defende
o seu territorio
no
papel de namorado.
Cando
se vai revoando
nunca
se pode marchar,
as
forzas vánselle axiña
e
precisa descansar.
Non
é paxaro fermoso,
non
destaca o seu cantar,
a
súa felicidade?
Ser
libre: voar e andar.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário