segunda-feira, 13 de fevereiro de 2012

Arte




Estes días nos que aínda quedan algúns a falar de Tàpies, eu vexo máis claras as miñas limitacións. Ollando os seus cadros, vendo as imaxes deles, mellor dito, pois ver nunca vin ningún dos orixinais, non atopo esa excelencia que os libros e os críticos de arte din que posúe. Moitas persoas arrastramos con nós a lousa de non entender o que vemos. A min pásame, e nótoo máis coa arte contemporánea. A beleza que gardan a maior parte das obras faise esquiva, segue agachada e, por máis que mire, non acado a vela.

Se algún consolo atopo é o saber que esto non só me pasa a min. Noticias coma a aparición dunha segunda Mona Lisa, no cuarto dos trastes do Prado, veñen a confirmar que as cousas non son o que poden parecer, incluso aos ollos de grandes expertos e reputados profesionais, aínda que nelas andase a man dun xenio coma Leonardo. 









Queremos aferrarnos ao pasado,
Buscadores tenaces da alegría,
Imaxe de papel, fotografía,
Feita instante, fugaz, mais desexado.

Evocador edén no que nos vemos,
De modo que, cando o precisamos,
Escusa ao corazón lle presentamos
Podendo ollar aquelo que queremos.

É necio o corazón comprometido
En adorar o tempo xa acabado
Gastando, pois, amor no xa perdido,
Queimándose en amar o rematado,
Soñando obter futuro do vivido,
Matando mal a risa no chorado.
























.





2 comentários:

  1. Estoy totalmente de acuerdo. Yo sí asistí a una retrospectiva de Tàpies que abarcaba un período de 50 años. Mi desconcierto fue total al comprobar que, al contrario de grandes genios como Dalí o Picasso,no existía evolución. Pintó lo mismo de principio a fin. Un felpudo con un número pintado en blanco parecía reirse de los que por allí pasábamos.A lo mejor se nos tacha de ignorantes, pero, Antón, lo que está claro es que en el arte, como en otros aspectos de la vida,el que tiene padrinos se bautiza.
    Tus poemas, preciosos.

    ResponderEliminar
  2. Falar de el padrino a min tráeme á memoria a al pacino, posiblemente polas vogais da palabra, ou polas mafias, non o teño claro.
    Tamén lin, e non sei por que o lembro agora que Xabier Castro, director de PEN Galicia, escribía textualmente: "Quedo atónito!! +de 120000 euros costa "manter" a Fund. Rosalía de Castro. 50000, só pra xerenta... e ata lle sacan cartos á maltrecha USC."
    Imaxino que con todo iso pódese chegar incluso a facer comuñóns, vodas e mesmo funerais, non só bautizos. É o que hai!

    ResponderEliminar