Casualidade
ou non, os galegos non facemos máis que atoparnos, vaiamos a onde
vaiamos.
O
día da hispanidade, á primeira hora da mañá, andabamos nós por
Madrid, no metro, indo cara á Porta de Toledo, aproveitando
o tempo para ir despertando paulatinamente a fin de enfrontar o día.
Ao pouco óese no vagón un discreto “perdonen, voy a recitarles
una poesía, con su permiso”. Nin que dicir tén que abrimos os ollos e prestamos atención a
fin de gozar dun momento especial dentro da rutina da viaxe. “Es de
Rosalía de Castro, y se titula Negra sombra”. A elección non podía ser mellor. Apetecía oír no metro madrileño, o doce de outubro, un poema grandioso en galego.
Cuando
pienso que te has ido
negra
sombra que me asombras
al
pie de mi cabecera
vuelves
haciéndome burla...
E
así seguiu. Eu, abraiado, quedei coa cara de tonto que teño máis
veces das que quero, e botei a man ao peto para coller as moedas que
xa pedía e ninguén daba.
-¿Eres
gallego? -a pregunta caía de caixón: quen lle daría nada senón
un galego?
-Si.
Sono.
-Eu
tamén!
-Home,
e por que non a recitaches en galego?
-Es
que si se la digo en gallego, no me la entienden...
Despois,
tomando café, lembramos que a estación na que se subira fora Núñez
de Balboa. Un conquistador e un día da hispanidade: nin Rosalía resistiu!
E se un día o poeta
enmudecese
E falasen só as
obras máis impías
Se as voces se
perdesen sen oídos
Formados no interese
da harmonía
No desterro do
tempo da palabra
De ser forzada a
vida noutras vías
Só pido das
presenzas do pasado
Que salvan dos
estados de agonía.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário