Inquedos, curiosos, aventureiros... Somos así, por máis que as circunstancias tenten deixar a súa
impronta. Non o conseguirán pero andan aí aí. Estes días mesmo,
esas circunstancias que me ocupan, leváronme a pensar nun relato de
Castelao protagonizado por un galego nun porto lonxano no norte, onde
era atendido por un gordo taberneiro flamengo.
O norte e o porto
acabaron por traerme ao recordo a un Dyane6 vermello, e á música de Jacques Brel soando en curtas e felices excursións de verán. A cassette,
hoxe perdida, deixounos gozar en compañía dos seus grandes éxitos. Entre eles Amsterdam, que
sempre me chamou a atención.
Ah!, o taberneiro da outra historia tamén era galego...
Compartilladas
as penas
a
pesar de que nos doan
verémolas
máis pequenas.
Sem comentários:
Enviar um comentário