Algunhas veces o mundo dáme
noxo. Non son quen de verme reflectido nos meus semellantes, e así
síntome mal, e como tampouco teño nada que ver con toda esa
parafernalia absurda que montan algúns, e que é seguida por
millóns, por imperativo dos agobios da prensa, pois fatal. Noxo e
rabia de ter que fastidiarme sen máis.
Vén toda esta pedorreta a
conto da noticia que lin na BBC do indulto de Obama a un pavo, cando
hoxe mesmo, na televisión, oín que o gobernador de Oregón non fai máis que suspender as execucións que deberían levarse a cabo de aquí ata o
2015.
É noxento que a BBC fale de
pavos e non apareza por ningures o de Oregón. E se non é repulsivo, a min, a lo menos, parécemo.
Cantas persoas executan en USA
ao cabo dun ano? E indultan dous pavos. E van, e a un chámanlle
Libertad, e a outro Paz!
Descoñecer
emocións
non
xustifica matar,
mais
de morrer é razón.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário