As augas da prensa andan avoltas coa casa real, coa cidade da cultura (ben coñecida como "LaCdC"), cos
raposos a coidar os galiñeiros, coa xente preguiceira que non sabe
poñerse traballar para poder crear emprego dunha vez, coas colas enormes nas
administracións de lotarías, co esgotamento do número 111111...; con
tantos asuntos atraíntes que case non lembramos a que ule o aire do
exterior, como molla a chuvia destes días ou como o mesmo vento é
capaz de darnos o empurrón necesario para tirar adiante.
Somos
coma árbores, e agora estamos ocupados en prepararnos para un longo
letargo invernal, sen decatármonos que a invernía xa vén durando
demais.
Nota.- Non falo das eleccións porque non estou recuperado do pasmo de ler a entrevista de El País a Rosa Díez.
.
Nota.- Non falo das eleccións porque non estou recuperado do pasmo de ler a entrevista de El País a Rosa Díez.
A noite sempre vén cunha
partida,
espazos que se agrandan por
demais.
Silencios,
para os ocos que nos nacen
en lugares aos que non imos
mirar.
Non saias.
Non saias contra a noite
se nos chega sen chamala.
Non vaias irte lonxe
do que ti es.
Non perdas nin un día coa súa
luz,
que os ecos son destinos que se
viven
evocando os recordos de soñar.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário