O dos pegos e o raposo é un dos contos
populares máis fermosos que coñezo. Admito que, cada vez que
oio contalo, paro toda posible actividade para
prestarlle oído. Seino ben, enteiro de todo e coas variantes persoais da
nosa zona, pero sigo atendéndolle.
Estes días lévolle dando
voltas á cousa das nosas caixas, e case estou por asegurar que un
dos pegos, quizais josé luis, non sei, fíxose amigo demais do raposo, e
pegóuselle. É a única explicación convincente que atopo para
tanta raposería, aínda sabendo que por moito que miremos non hai
pego sen mancha negra.
Novembro, trinta días que son longos,
coma os meses imposibles de querer,
coma a luz que non chega a alumear,
sol frío feito follas a caer.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário