Un
amigo contoume dun seu compañeiro de viños de fin de semana. Vive nunha casa na aldea e tén
galiñas. Como agora os animais dos nosos montes están no proceso de urbanizarse, cada vez achéganse máis ás vivendas, así que non foi raro que de cando en vez, lle viñera o raposo. Co tempo, sabedor do camiño como era, non paraba de collerlle as galiñas, polo que ideou unha
trampa para cazalo. Cazouno, porque sabe destas cousas, pois é
cazador desde hai tempo, con escopeta e todo. Atrapado como tiña ao
raposo, deixouno pechado nun aparte do galiñeiro e alí o tivo
varios días, prisioneiro. Matalo sen máis, despois dos animais que lle papara, non lle prestaba moito, e non tiña claro como facer.
A familia, cansa xa do raposo que coidaban e
temerosa de que por riba lle houbese que poñer diante as pobres
galiñas que quedaban, chamouno á orde, e el, decidido, colleu a
escopeta, cargouna e foi directo cara ao animal. Abriu a porta,
deulle unha patada e berroulle:
-
Marcha dunha vez!, veña!
Cazar
pódese cazar, pero así...
A historia anterior veume a distraer un chisco da cantidade de raposadas que se andan a cometer nestes días a un lado e outro do océano, e das que todos os republicanos nos sentimos parte. Mais non sei por que sempre acabamos perdoando ao raposo. Será para engrandecer ás vítimas?
.
Os feitos cando
queren ocorrer
facémolos ir nós
na dirección,
creamos as traxedias
a doer,
sentíndoas ser xa
parte do fatal.
Sucesos que non imos
evitar,
tendo só o papel de
espectador,
remates que se xogan
co azar
arriscados en
partida emocional
Gardemos interese
primordial,
fuxindo así da
anécdota casual,
naquilo que nós
somos, para amar
as xentes coas que
nos imos xuntar...
.
Sem comentários:
Enviar um comentário