Xenética.
Debe ser eso.
Puido
ser peor. Menos mal que se salvou. Aínda non nos podemos queixar. Xa
rematou o incendio e toca avaliar danos de xeito sensato. Logo dunha sesuda análise chégase á profunda conclusión: pódese ver, pero non tocar. Dun e
duntro lado, por onde se mire, todos fan o mesmo xuízo, porque foi
en abril, que se chega a ser no verán... Dá o mesmo que sexan
analistas, políticos, propietarios ou brigadistas (palabra que agora
se ha incorporar ao léxico das profesións, sabendo que vale para
todo e que non di nada). Ata algún despistado que pase por aquí
estes días vai coincidir cos familiares lonxanos e dará grazas a
deus porque o lume non foi para tanto.
Unha
calamidade coma esta, provocada polo desleixo, pola ineptitude e pola
ineficacia. Polo aforro abusivo e pola inercia inactiva desenvolvida
xa desde a creación do parque natural en 1997, queda reducida a un
foi unha pena, pero podía ser peor. Non aprendemos nin aprenderemos
nunca a este paso. Foi un desastre evitable, e é unha traxedia á
que non se lle puxo freo, nin tan siquera atención, cando se debía.
E, a maiores, temos case garantido que no verán as cousas van ser
máis ou menos iguais, e para o ano que vén non mellorarán, porque
xa a xente se esquecerá e andará noutras andrómenas.
E
penso que debe ser algo xenético, un certo conformismo que mamamos
desde pequenos e que nos acompaña toda a vida. Agora ben, se é así,
non vexo moi claro que outros teñan tanto problema para
recoñecernos esa identidade propia que reclamamos. Por se
acaso, se estamos ás duras, que nos dean tamén as maduras.
.
Soñamos vivir de
certo
convencidos por
ideas
mais se pensamos un
pouco
só son soños a
moreas.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário