quinta-feira, 15 de março de 2012

Afonías





O nacionalismo galego anda a chamar a atención. Pouco, tanto por causa dos medios de comunicación, que non lle dan moita oportunidade (xa sabemos de quen son), coma polos seus dirixentes, que se parecen ao galo afónico que teño no galiñeiro e, aínda que cantan, o cantar non chega a todos.
Que somos distintos é ben certo. Somos galegos e eso lévanos a querer demostralo unha e outra vez. Se queremos vivir divididos en vilas, aldeas, rueiros, lugares e mesmo por algún que outro casal, esparexidos pola superficie do globo terráqueo que é nosa terra, como imos ser quen de xuntar pensamentos e achar un lugar común para o ideario vital? 
No tempo da aldea global, as aldeas de por aquí seguen a ser pequenas, por moi inchadas que as poidamos ver.








Sabemos cal é o fin e cal o medio,
sabemos xa dos prezos a pagar,
o día dános luz a mil miserias
e a noite faise tempo de chorar.


Hai fame e frío e sede e medo,
hai xente que non tén a onde ir
hai tanta incomprensión, tanto egoísmo
que nada vai quedar a compartir.


Renego do que son e do que fago
mirando só por min, para non ver,
renego de saberme tan humano
vivindo na procura só de ter.


Que vivan as ideas en por elas...
Que dean a conciencia como guía...
Que nazan xa paixóns a defender...
























.

Sem comentários:

Enviar um comentário