Despois
do que acaban de publicar na revista Science queda claro o
beneficioso que é poder ter en uso dúas linguas. Os bilingües son máis intelixentes que os monolingües e xa se demostrou. Sen máis. Así que
nin chío.... Só foron necesarios algo menos dunha ducia de anos
para desmontar dun grave erro a aqueles que seguían a dar validez
científica ao obsoleto pensamento do século XX.
Eu
lembro que das bondades do polilingüismo xa lera nos libros de
historia, cando nos contaban as excelencias de Carlos I, que era
capaz de falar en distinta lingua segundo a quen se dirixise, ou
mesmo Aznar, que nas conversas íntimas con Pujol, por exemplo,
desenvolvíase nun precioso e preciso catalán, do
mesmo xeito que improvisaba para o amigo Bush o seu discusrso en
inglés que todos entendiamos á primeira.
E
nós, nas escolas, trilingües reais de fermosa oratoria, facendo xa camiño
para un franco cuatrilingüismo e agardando a consolidación da
amizade merkeliana que nos ha botar, sen pensalo, a un marabilloso
pentatlon verbal, atletas como somos, grazas a ese xenoma exclusivo
da zona vasco cántabra, á que para algo pertencemos.
O
único que me preocupa é o mal que se poden sentir algúns. Que vai
ser agora de Gloria Lago? E de todas as persoas de La Coruña?
Agardemos que non recorten o profesorado da escola de idiomas, e
poida haber unha ampla oferta de prazas para os vindeiros cursos.
As ideas que nos
guían
son razóns para
vivir
mentres as teñamos
nós
han de ter por que
existir.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário