Andan
asustados algúns pola coherencia do rexedor da capital de Galicia.
Despois de terse vestido tan elegantemente co seu traxe de galego, o
público pensou que lle andaba a chiscar o ollo á nosa cultura. E
non, co do ollo avisaba de que quería apagar a luz, e ía dar igual
o ollo aberto ou pechado. O do traxe en realidade debíase á
necesidade do forro, que é por onde pretende pasar a nosa historia e
a nosa lingua.
Debe
ser que está moi estendida a incapacidade de tirar conclusións dos
feitos que se viven ou observan a diario. Cada vez que nos
gobernan certos políticos, amósannos sen rubor as súas virtudes,
tantas que non nos alcanza para vérmoslles aqueles defectos que os
humanizan, se é que son realmente humanos só por seren nacidos de
home e muller, e casados con home ou muller, como moi ben sabemos
polos postos aos que eses mesmos cónxuxes acceden unha vez que a
parella toma o mando político. Unha virtude, entre moitas, é a súa
pureza de linguaxe, con esa exquisita atención que lle prestan á
Galicia Bilingüe (a outra, a da sra. Lago, non a dos relacionados
coa intelixencia xerada polas linguas); queda claro, pois, que
ninguén tén dereito a se queixar de que estes dirixentes non
sufraguen nada que poida promover a lingua galega nos seus concellos
(seus, ao fin, por máis que neles vivan unhas xentes ás que
reducen á mera condición de habitantes).
Así,
de Correlinguas, nada. E menos de pagar manifestos que digan algo
diferente do que o goberno quere, sexa certo ou non. Ademais andamos
en tempos de crise, e débese aforrar. De gastar, que sexa como deus
manda. Estes días pode haber subvención para as confrarías, para
esas si, sempre e cando non sexan de mariñeiros ou pescadores, que
non contan nesta novena, e si de procesionarios de semana santa.
Máis que nada por eso de coidar o patrimonio inmaterial, tal e como
corresponde nunha sociedade nada materialista. Ou mesmo de cantarlle
ao nadal, se se terza.
En La Coruña o asunto tamén está resolto. Sen pegas e con coherencia.
En La Coruña o asunto tamén está resolto. Sen pegas e con coherencia.
Son coherentes por máis pperos que queiramos ver. Que apoiasen a súa lingua si que sería unha incongruencia.
Non
é coherente a esquerda que, cando lle deixan gobernar, entende o
estado laico como unha simbiose plena entre o civil e o relixioso e, se toca, ponse diante da música, pero detrás do palio, pensando que preside a procesión.
E
todos nós como somos?
Crédulos,
creo.
A meta feita norte
(nun regreso).
A casa vista branca
(na saudade).
Sabíanse de lonxe
as ilusións
que acaban por perderse,
interrompidas,
as mónadas,
vontades feitas vida
que deixan laios
quentes
nos solpores
para esa certa luz
que dan ao día.
A copa en tristes
augas de derrota
nos ventos que
levaron alegría.
Sabíanse tan fríos
os desterros
marcados no voraz do
desacordo!
.
Sem comentários:
Enviar um comentário