Parece ser que está a aumentar o tamaño dos xenitais da xente da miña contorna, e probablemente dos galegos en xeral.
Haberá cousa dun mes levei un susto tremendo cando saía co can a coller o correo ao buzón da entrada. Nada máis abrir o portal o can saíu disparado ao outro lado da rúa, a unha leira da que se oían aproximar uns ruídos xordos e fortes. Pareceume que podían proceder dalgún can solto e medio perdido que andase por alí, lonxe, e, previsor, chamei polo meu para que volvese. Volveu. E que rápido! E tras del un becho enorme que me fixo pegar as costas contra a parede mentres López se coaba pola porta aberta sen dar chío. O xabarín, que debía pesar a lo menos o dobre do can, fungando como viña, colleu camiño adiante e deixoume a min co corazón nun puño.
Que houbera xabaríns por aquí, non se recorda; agora si que os hai, e vense ademais en familias, incluso pola ribeira. Falando cun veciño souben que xa é doado atopar xenetas ou corzos, e que os raposos están a facerse animais domésticos. Cazadores nin un. Son raros os que andan por aí dando tiros. Todo o máis, pesca de peirao, e listo.
Despois de ler Galiciaé, noto que me miro demasiado as partes baixas, coma se me empezase a preocupar polas posibles consecuencias destes incrementos.
Ou redundarán en beneficio?
I
Estaba en
ti e chorabas sen sosego
Igual que
como neno
Buscabas
a resposta sen pregunta
Arelas de
consello como orde
II
Adulto que
camiñas polas tebras
Facendo de
razón o existir
.
Sem comentários:
Enviar um comentário