segunda-feira, 19 de março de 2012

Días






Día do pai, recordou a tv. E a prensa. Non queren que esquezamos que dun xeito ou doutro todo o mundo vai tendo pai, e que merque. Incluso vin nun twit unha persoa que reivindicaba especialmente a xornada para todas as nais que eran tamén pais ao tempo.
Estas épocas do politicamente correcto dannos estes paradoxos. O “y tú más” que oímos na discusión política, vólvese en nais que tamén son pais na discriminación positiva. Non vaia ser... 





Ti pídesme que eu che fale
e sabes que non te escoito;
a quen pide o que non quero
caso non lle fago moito.













Sem comentários:

Enviar um comentário