En ocasións seime convencido e case non deixo ocos á dúbida. Pero
equivócome, e decátome cando xa é tarde e a realidade venme dar
nos fuciños. Conforme pasan os anos debería controlar mellor a miña
tendencia a ter claro todo, e cuestionar un chisco as cousas que creo
sabidas. Incluso aquelas que me parecen cuestión de lóxica.
A
última vez que me pasou (onte), era eu espectador dun concurso
televisivo e, comodamente sentado na miña butaca, dialogaba cos
concursantes dándolles instrucións a fin de que fosen acadando os
obxectivos marcados: aos que non me gustaban deixábaos elixir a
reposta incorrecta, ou animábaos a pasar a quenda a outro participante; pola contra, os agradables aos
meus ollos recibían a aprobación da resposta acertada, ou a
reprimenda do erro cometido, segundo o caso. No programa do que falo,
o concursante máis apoiable debía responder a que descubrimento
chegara Ernst Gräfenberg, despois de moito fixarse. As repostas
eran variadas, desde a luz polarizada, os satélites de Xúpiter ou o
punto G. E vai e di “el punto G, por lógica, porque lleva la
inicial de su apellido”. Que mal o pasei sabendo de que ía eso do
punto G. Ía errar seguro! Un non é quen de ver lóxica ningunha na actitude dun alemán serio e formal (polo nome parecía alemán o señor ese) a fixarse pacientemente, día tras día, ata
atopar a fonte do pracer. E por riba da muller! Seguro que non! Tiñan de ser os satélites os que o ocupasen nas noites
interminables aló no norte.
E vai, e non. Acerta! E
a miña certeza rompe. E debo cuestionarme de novo unha seguridade
que antes vía razoable. E todo polo punto G!
Non
quero curas nin monxas,
non
quero rezos por min.
Cando
me teña que ir
eu
quero como compaña
a
túa maneira de rir.
Eu
non quero despedidas,
aínda
sigo sendo ateo,
se
podo mirarche as ligas
estou
mellor ca no ceo.
Baixa
as medias pouco a pouco
e
vólveas en calcetíns
mirando
como relouco
sabendo
o que es para min.
Empezando
polo pé
e
rematando no pelo,
se
bonito é o que se ve,
felicidade
é querelo!
Nos
teus ollos, recollido,
vexo
un mundo de colores,
mundo
alegre e divertido,
en
ollos prometedores.
O
desexo é viaxeiro:
da
cara á caluga, ao colo;
caricias
de amor lixeiro,
bicar,
volvéndose un tolo.
No
vermello da paixón
tapas
o branco dos dentes:
os
labios son corazón,
querer
bicalos é urxente.
Do
queixo baixo ao pescozo,
esvelto
e tan arrogante,
sabedor
de canto gozo
dan
os bicos alí diante.
Ombros
teus para adornar,
gran
lección de anatomía
que
querería estudar
moi
a modo, día tras día.
De
pararme no teu busto
repararei
nos teus peitos,
peitos
bonitos, augustos,
amorosos
e ben feitos!
Sentirche
a pel é ter tacto,
notala
é apalpar a vida:
pel
morena, sen recato;
pel
moi branca, prohibida.
Nas
coxas voume perder
cos
ollos postos encima
dese
cume de pracer,
nese
bico, pico ou cima.
Despois
de tal ascensión,
e
xa no sétimo ceo,
o
teu corpo é relixión
e
o meu clímax o apoxeo.
Por
me teres namorado,
ninguén
se pode estrañar
de
que te queira ao meu lado
cando
teña que marchar...
.
Sem comentários:
Enviar um comentário