terça-feira, 6 de março de 2012

Déficit





Si, home, si. Vaia, muller, vaia. Somos afortunados porque a lingua preséntanos sempre unha saída. Estes días, coa que cae por un e outro lado, ao atopar con xente que aprezo, pero coa que non comparto ideas nin ideais, véxome respostando cousas dese tipo. Un si, muller, si,  que non deixa de ser unha aseveración que non compromete, que non nos obriga a concordar coa opinión escoitada e que non leva a ningún tipo de compromiso vital, nin confrontación. De estar o asunto moi revolto, por se acaso o si se ve excesivo, queda a fórmula do vaia, home, vaia.

Imaxino que eso sería o que lle dirían ao noso presidente cando pedía en Madrid que nos desen un premio por cumprir co déficit. Si, home, si. 







Sábeste moi convencida
de seres unha raíña,
eu case creo que es
na colmea unha abelliña.


Para que non me enfadase,
porque prestaba atención,
dixeches que era un abáboro
por non chamarme abellón.


Mais o abellón na colmea
amosa o seu gran valor
desenvolve o seu traballo
ata morrer por amor.

















.
 

Sem comentários:

Enviar um comentário