A fin de semana
preséntase co frío invernal recomendando abrigo e facendo que se suspire por unha lareira. O de ver o lume, observando as lapas nas
súas formas, tamaños e cores, ao tempo que un vai quecendo, debe
ser apetecible, mais de momento queda lonxe. Así tampouco hai fume,
e quizais vaia unha cousa pola outra. Seica por moi ben que tire a
cheminea o fume sempre aparece, e faino para quedarse. Queda na
roupa, nos obxectos que transportamos e, mesmo en ocasións, no pelo
das persoas. A min, desde logo, non me desagrada o olor do fume.
Eu nunca o sentín cheiro, probablemente polos tempos de infancia,
onde daba imaxes que hoxe vexo cálidas, por máis que naqueles
tempos pouco caso lles fixese.
A noite trae o peso
para os ollos
Nube que inventamos
de algodón,
Tranquila como
leito de soñar,
Atenta para
historias a contar
Nimbo a coroar o
corazón
Paz feita de desexo
no querido
Esteiro para os
ríos agardar
Nota e melodía a
recordar
Afecto na calor polo
vivido
.
Sem comentários:
Enviar um comentário