Que difícil nos resulta aceptar as nosas propias
limitacións e que doado sería superalas de sermos quen de as
aceptar! Aínda que, pensándoo mellor, se lle cadra, tampouco é tan
preciso que nos vexamos demasiado ineptos, e tentemos así acadar os
obxectivos propostos no convencemento do éxito final.
Os nenos, na súa inocencia simple, na que non existen
as consecuencias dos actos nin se coñecen relacións de causa efecto,
poden dicir con tranquilidade as súas incapacidades, e nun momento
preciso, de serlles requerido, inician convencidos as accións
pertinentes que os leven á superación dun obstáculo, por máis que
este incluso poida chegar a ser insalvable. Eu son dos que creo esa
anécdota na que contan que interveu Einstein, por moito que non teña claro que andaba a
facer por alí. A historia acontece en pleno inverno, nun dos estados
americanos norteños. Inverno e frío que deixan neve e xeada por
todas partes, incluso por eses estanques ou lagoas non moi grandes nas que
adoitan xogar os nenos. Varios rapaces patinan no xeo que,
imprevisiblemente, rompe e deixa caer a un dos patinadores; outro
deles, o máis amigo, non o dubida e vai ata a beira do oco para
tratar de collelo e tirar del; namentres os outros piden axuda, el tamén cae. Cando os
adultos chegan, entre eles un bombeiro, quedan abraiados ao ver
completamente mollados aos dous rapaces, pero fóra xa da auga.
-Incrible -di o bombeiro- Non é posible que dese
sacado ao amigo meténdose el na auga tamén. ¿Como o conseguiu?
-Acadouno porque non había por aquí ningún adulto
para dicirlle que non ía ser capaz de facelo -foi a resposta de
Einstein.
Sendo tan traballadora
dun lado a outro a
voar
como non pares un
pouco
ata te vas magoar.
Sem comentários:
Enviar um comentário