Vin fotos impactantes de África e Asia e lin o titular
das noticias que comentaban as palabras do exalcalde de La Coruña,
equiparando aos nenos xudeus perseguidos polos nazis cos
nenos que falan castelán no medio do patio dun colexio catalán. A súa foto na reportaxe pareceume obscena. Que
un dirixente que representou ao estado español, que gobernou unha
das cidades máis importantes de Galicia e que foi un dos máximos
dirixentes do partido de esquerdas máis votado, indica tan só qué esquerda temos no país e qué dereita podemos agardar. Que as medidas
do PP sexan as que son en tódolos ámbitos, case se pode xustificar
con declaracións coma as de Francisco Vázquez (perdón, Paco, que é
moi campechano tamén el).
Pensándoo ben, e tendo en conta que a embaixada era na
Santa Sé, premio para o socialista máis católico; repasando a historia
pois, seica os xudeus foron os que mataron a Cristo, así que este
(Paco, non Cristo) inda llela tén gardada...
P.S. Como poden ser os representados por P. Vázquez, cando P. Vázquez non agardou ao 2012 para ser como é? E aínda van acabar poñéndoo como defensor do pobo!
As fotos danme o día
que non quero
repetíndoo
claramente para min
danme a nova luz
que eu non preciso
e todo recomenza
innecesario.
As horas de fortuna
coñecidas
perdidas no decurso
da ilusión
ofrecen todo aquilo
que rexeito
que non poño na
vida como fin.
Reclamo no cansazo o
prohibido
dereito solidario de
soñar
reclamo para tódalas
persoas
existencia máis
libre, máis real.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário